U. D. 9: CARTELÍSTICA > CONFECCIÓN DUN CARTEL > Execución
 
Execución
Cartel
O bosquexo final, consta de catro fotos (seleccionadas con anterioridade, entre varias), que representan a distintos sexos e idades que se colocarán nas esquinas do cartel, todas do mesmo tamaño, equidistantes, e deixando sitio no medio para colocar o nome da marca e o logo tipo.
As fotos medirán en píxels, como mínimo, 11.339 de ancho por 7.824 de alto. Necesitan unha alta resolución para logo poder imprimilas en DIN A1 en sentido horizontal. Entre elas levarán un espazo intermedio vertical e horizontal onde se vai colocar a marca.
O programa elixido para montar as imaxes e o logotipo é o CorelDraw, neste caso.
  1
Abre o programa, facendo dobre clic sobre a súa icona e seleccionar "arquivo novo": VER
  2
Ir o menú Deseño/Preparar páxina e activar a opción horizontal, en Tamaño Páxina seleccionar DIN A1 e no Fondo, seleccionar CIAN. Pulsar aceptar: VER
  3
Importar as fotografías, e colocalas nas esquinas, deixando espazo vertical e horizontal. Para unha mellor facilidade, inxerir as liñas guía, arrastrando co cursor cara á dereita ou cara abaixo. No menú VER, activar "Encaixar en liñas guía", para que as imaxes queden iguais e os espazos tamén: VER
  4

Cando o anuncio estea rematado, o gardas. Para iso vai a Arquivo/gardar como e dálle un nome. Antes de pechar o programa, volve a Arquivo/exportar, selecciona a carpeta onde o queres gardar e dálle un nome. Aceptar: VER

Podes levalo a imprimir a unha copistería, para que faga dúas copias e as plastifique.
Programación UD9Índice UD9Glosario UD9Esquema UD9Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas Volver