U. D. 9: CARTELÍSTICA > CONFECCIÓN DUN CARTEL
Imos ver as pautas a seguir para a confección dun cartel mediante un exemplo práctico: Por exemplo, un cartel para unha tenda de deportes:.
Análise:
Exemplo
¿A que público vai dirixido o cartel?
Aos xoves dende 12 anos en diante
¿Canto tempo estará colocado?
Temporada verán
¿Onde se radicará no punto de venda?
No escaparate
¿Para que sección é?
Táboas surf e windsurf
¿Que pretende conseguir?
Promover a marca
Bosquexo:
Comezarase traballando sobre ideas desenvolvéndoas nun tamaño reducido. Sobre este bosquexo efectuaranse distintas probas ata conseguir a mellor solución estética, tendo sempre claros os dous puntos esenciais:
¿Que é o máis importante do cartel (texto ou debuxo)? No cartel é máis importante a imaxe. Non vai ter texto.
¿Onde se debe buscar maior énfase visual? (zona de maior atracción estética). Sobre este bosquexo efectuaranse distintas probas ata conseguir a mellor solución estética
No centro, a marca
Selección do material:
Fixar o tamaño de acordo co formato de papel estandarizado, neste caso o DIN
Din A1
Seleccionar o material sobre o que se realizará: papel, cartulina, cartón, plástico, etc.
Papel para ser plastificado
Determinar se a visibilidade realizarase a unha ou dúas caras
Dúas caras
Montaxe:
Para facilitar a súa realización aplicarase ó bosquexo ó tamaño do cartel, comprobando que os espazos e a proporcionalidade do cartel son os adecuados. Para iso hai que:
Saber o tamaño das fotografías e os textos que vai levar (isto se sabe utilizando o CorelDraw) As cores, neste caso, serán as da marca e as que combinen con ela.
Elixir as cores que se utilizarán en función da imaxe que se quere conseguir.
Seleccionar, de entre os tipos de letras, as máis adecuadas.
Neste caso non se utilizarán
Deseño:
Utilizaranse programas de deseño.
Programación UD9Índice UD9Glosario UD9Esquema UD9Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas