U. D. 8: ROTULACION E TIPOGRAFÍA>Tipografía>Tipos de letras > selección tamaño textos e tipografía
A cantidade de tipos de letras que se atopan incluídos e dispoñibles nos programas de ordenador, pon a nosa disposición unha gran cantidade de posibilidades gráficas. Para escoller os tipos máis apropiados para deseño é preciso determinar previamente o efecto que queremos provocar no conxunto da comunicación. Existen unhas normas básicas, que establecen unha serie de condicionantes que deben concretarse dende o inicio da decisión de comunicar algo no comercio:
Variedade: Calquera tipo de letra é factible de ser utilizada nunha comunicación, sempre que se adapte ó concepto xeral do proxecto e sexa lexible.
Unidade: É preferible que, nun determinado comunicado, se utilice únicamente un só tipo de letra, aínda que se admitan as súas posibles variantes e tamaños dentro deste único tipo.
Combinacións: As letras dun mesmo tipo, pero de tamaños distintos poden ser interesantes, si o que se persigue é destacar conceptos ou crear certos contrastes gráficos.
Experimentos: Pódense mesturar distintos tipos de letras: espaciados entre palabras, coloreado de frases, etc. sempre e cando a comunicación o admita.
Eliminar calquera combinación tipográfica que non dea, ó primeiro golpe de vista, un resultado satisfactorio.
Programación UD8Índice UD8Glosario UD8Esquema UD8Actividades reforzoActividades avanzadas Volver