U. D. 8: ROTULACION e TIPOGRAFÍA > TIPOGRAFÍA > Tipos de letras > as cores > exemplos
Produtos alimenticios: Cores "apetitosas", asociables ó bon sabor do seu contido, á calidade dos seus ingredientes e á satisfacción que aportan @s consumidor@s.
Produtos de luxo: Son máis adecuadas as cores escuras, e incluso douradas, para demostrar a sofisticada personalidade d@ consumidor/a a quen vai destinado o produto. Por exemplo, xoias, coches de luxo, etc.
Produtos para moz@s: Estes produtos permiten o uso das cores chamativas, ata incluso que sexan estridentes, pola especial receptibilidade do público a quenes van dirixidas as mensaxes. Cores "alegres e divertidas", que respiren unha mensaxe de xuventude.
Produtos de beleza: A beleza e a elegancia van unidas a cores moi características, suaves ou non, pero sempre dentro dunha combinación cromática elegante. Cores "guapas", moi entonadas e seguindo a moda do momento.
Programación UD8Índice UD8Glosario UD8Esquema UD8Actividades reforzoActividades avanzadas Volver