U. D. 8: ROTULACION e TIPOGRAFÍA > TIPOGRAFÍA > Tipos de letras > as cores
 
A presenza da cor xoga un papel importante na maioría dos traballos de rotulación que hai que facer no punto de venda, así que será vital elixila correctamente.
As cores chamativas, vivas, que saltan á vista, chaman máis a atención de forma máis directa.
As cores pálidas son consideradas máis elegantes, máis sofisticadas.
Para crear unha boa comunicación, hai que ter en conta:
 
Crear un impacto: A mirada humana só se detén no que lle interesa. É preciso impactala cunha chamada de atención que destaque do resto do ambiente. Coa cor pode crearse ese impacto. A cor ten un 50% máis de impacto que os textos en branco e negro. No caso que nos ocupa o contraste das cores pode ser efectivo.
 
Reter a mirada: Unha vez creado o impacto, é preciso conseguir reter esa mirada, o tempo suficiente, para que a persoa decida dedicar a maior atención posible aos textos que se lle ofrecen. É indispensable que a claridade e a sinxeleza permitan comprender rápidamente o contido da comunicación.
 
Comunicar a idea: Cando xa se conseguíu chamar a atención é preciso comunicar rápidamente a idea que estamos ofrecendo. A mensaxe é máis facil de facer chegar ó público si se arropa coas cores suxerentes.
 
Espertar o interese: Unha vez comprendida a mensaxe, é necesario que o público receptor a acepte e se sinta interesado pola oferta que se lle está ofrecendo. A cor axuda a espertar o interese e move á acción. Si esperta o seu interese é sempre o inicio da decisión da compra, para que sexa máis efectiva pode utilizarse un grafismo especial, cunha cor destacada.
 
Lembrar a mensaxe: Para os casos no que a aceptación da mensaxe non é instantánea, hai que procurar que o público lembre o contido da súa mensaxe. A cor tamén é unha baza importante para que o contido sexa fácilmente recordado.
Programación UD8Índice UD8Glosario UD8Esquema UD8Actividades reforzoActividades avanzadas Volver