U. D. 8: ROTULACION e TIPOGRAFÍA > TIPOGRAFÍA > Ferramentas
A imaxe do punto de venda veuse beneficiada coas novas tecnoloxías. Agora é posible amosar un produto con todo detalle: Etiquetado e Carteleira en alimentación (as froitas, o peixe a carne...), nas ferrerías (fotografías e información sobre os novos produtos), nos establecementos de roupa (as grandes fotografías e as mensaxes publicitarias tan atraentes), etc., tanto dentro no interior como a través do escaparate do punto de venda que comercializa os produtos.
Os grandes grupos comerciais teñen os seus propios departamentos de marketing que se preocupan do deseño e a impresión e de ter a punto todo o necesario para ambientar os seus puntos de venda e transformar @ consumidor/a en client@. Os pequenos establecementos comerciais poden optar por tres vías dependendo da súa situación:
Si carecen da tecnoloxía adecuada (un sinxelo equipo informático completado cunha cámara dixital), @s pequen@s comerciantes poden recorrer ás tendas especializadas para comerciantes (normalmente, hai varias por provincia). Nestas tendas atópanse todo tipo de materiais para o marketing no punto de venda (merchandising), bolsas, carteis, sinalización, rotulación e etiquetaxe, pero, sobre todo, tamén se encargan do servizo de personalización impresa de todo o anterior. Na zona da provincia de Pontevedra hai varias:
     
Si o punto de venda está informatizado, pódese elaborar todo o material de comunicación do interior do establecemento ou escaparate no propio establecemento, sen necesidade de recorrer a grandes coñecementos informáticos. O mesmo programa Word pode utilizarse para a rotulación dixital (cando se trata de comunicados pequenos), aínda que outros programas serían máis adecuados como CorelDraw, FreeHand, Photoshop, etc., pero para os que se require máis formación. Si o p.v. está informatizado disporá de software de xestión de p.v., o que facilitará a impresión de etiquetas. Isto permitirá personalizar moito máis a comunicación, en tempo real, axustándoa ás necesidades da clientela. Pódese complementar o anterior coa tecnoloxía existente nas copisterías, onde poden imprimir a tamaños DIN A1-A0, utilizando grandes plotters, ou imprimir en formato adhesivo (a prezos moi competitivos). A tecnoloxía avanza tan rápido que con pequenos orzamentos @ comerciant@ pode comunicarse eficazmente co público, sen ter que recorrer a empresas especializadas. Nestes aspectos destácase unha nota de prensa sobre impresión de carteis nas grandes superficies, como contraste do pequeno comercio..
     
Outra forma é recorrendo a empresas especializadas en rotulación onde, partindo dunha creación propia da empresa de rotulación ou dunha creación aportada pol@ comerciante, execútanse traballos en pequenos ou grandes formatos en carteis para a decoración interior do establecemento, que é o que tratamos neste tema. A este tipo de empresas soen recorrer as asociacións ou cadeas de comerciantes porque o seu custo é alto. Na Unidade Didáctica nº 13 tratarse, nos espazos exteriores do establecemento, sobre os rótulos e a decoración exterior do establecemento.
Programación UD8Índice UD8Glosario UD8Esquema UD8Actividades reforzoActividades avanzadas Volver