U. D. 8: ROTULACION e TIPOGRAFÍA > INTRODUCIÓN > NORMAS DIN
NORMALIZACION DO PAPEL
A única forma de que aparatos e sistemas de distintos fabricant@s e países podan traballar xuntos consiste en poñerse de acordo e establecer unhas normas de fabricación e funcionamento que tod@s deben respectar.
FORMATOS DIN serie A
No Estado Español, AENOR é o organismo a quen lle corresponde a publicación das normas UNE (unha norma española) e a adopción das normas europeas, entre elas están as normas DIN de normalización de tamaños de papel (ou modelos estándar de papel).
Os tamaños normalizados están para facilitar a publicación nas impresoras (que se rexen por estas normas) e imprentas (onde o aforro de custos destas últimas é considerable polos mesmos motivos.)
Enténdese por formato o tamaño normalizado do papel sobre o que se realiza o debuxo. Todos os formatos son semellantes, de 1m2 de superficie en forma rectangular.
A elección do tamaño do papel vai vir determinada en función da distancia na que se ten que ler o texto.
O formato orixinal é DIN A0, do que, mediante particións á metade, obtense o resto dos formatos inferiores utilizados, tales como o DIN A1, DIN A2, DIN A3, DIN A4 (que utilizamos normalmente nas impresoras), DIN A5...
Ademais da serie A, anterior, existen outros formatos normalizados das series B e C:
  Serie B
Serie C
 
BO: 1000X1.414 mm
C0: 917x1.297 mm
 
B1: 707X1000 mm
C1: 646x917 mm
 
B2: 500x707 mm
C2: 458x646 mm
 
B3: 353x500 mm
C3: 324x458 mm
 
B4: 250x353 mm
C4: 229x324 mm
 
B5: 176x250 mm
C5: 162x299 mm
 
B6: 125x176 mm
C6: 114x162 mm
Programación UD8Índice UD8Glosario UD8Esquema UD8Actividades reforzoActividades avanzadas Volver