U. D. 8: ROTULACION e TIPOGRAFÍA > Pictografía
PICTOGRAFÍA: Escritura ideográfica que representa as ideas mediante debuxos, como a do Exipto faraónico. É dicir, substitúe as letras por imaxes.
 
Se nos fixamos cando imos por unha rúa ou unha estrada, atoparémonos con máis dun pictograma (sinal de tráfico, ou indicadores), que nos dará información, sen utilizar as palabras, avisándonos dalgún acontecemento, perigo ou actuación .
 
En canto a información sobre seguridade e protección no traballo está case que toda, traducida a pictogramas, para que a súa interpretación sexa máis rápida e clara e, no caso de que xurda algunha emerxencia, @s traballador@s e o público en xeral poda visualizar as actuacións a seguir rapidamente
 
PICTOGRAFÍA NO COMERCIO:
No comercio utilízanse con frecuencia formas de comunicación baseadas nos sistemas gráficos
Para @ receptor ou receptora a imaxe é máis universal que a palabra e moito máis comprensible para @ destinatario/a, por iso temos que falar da pictografía.
Este modelo de carteleira estase implantando no punto de venda como sistema de comunicación alternativo á carteleira tradicional
A visualización dunha imaxe dentro do punto de venda é moi superior á visualización dun texto.
Combinadas con textos permiten transmitir ideas moi completas que só no texto non se leiría e sen a percepción do debuxo a súa interpretación podería ser incompleta.
Programación UD8Índice UD8Glosario UD8Esquema UD8Actividades reforzoActividades avanzadas Volver