U. D. 7: ETIQUETAXE > LEXILACIÓN >Definición e utilización idioma galego no etiquetado e publicidade bens > Exemplos
A pesar da normativa establecida en Galiza en relación co idioma no que se debe informar a etiquetaxe dos produtos, resultou moi difícil atopar algúns que levaran toda a etiquetaxe informada en galego. Tan só atopei un, seguramente haberá máis, pero esa é unha actividade que debe resolver o alumnado. É máis frecuente que se atopen produtos fabricados en Galiza, que leven parte do etiquetado en galego, como por exemplo o nome do produto e o resto en español. Pero, curiosamente, é a marca de distribución Consumer (marca de fora de Galiza), na que participa o grupo galego Vegonsa, a única onde a maior parte da información dos produtos que comercializa están nos idiomas oficias do Estado (Galego, Vasco, Catalán e Español) como se pode ver nos seguintes exemplos:
Programación Aula UD7Índice UD7Glosario UD7Esquema UD7Actividades apoioActividades recuperaciónActividades avanzadas