U. D. 7: ETIQUETAXE > Lexilación > Definición e utilización idioma galego no etiquetado e publicidade bens.
ETIQUETA:
Segundo o Dicionario Lid de Comunicación e Marketing é un anaco de papel ou tela adherido a un produto para permitir a súa identificación. Acostuma incluír marca, nome e domicilio d@ fabricant@, rexistro sanitario e de industria, lista de ingredientes e aditivos, data de caducidade ou consumo preferente, data de envasado e lote, recomendacións de uso, peso ou volume que contén, talla e cor, entre outros datos. Para facilitar a identificación da categoría do produto e o recordo da marca búscanse deseños e debuxos orixinais e diferenzadores.
ETIQUETAXE: Acción de colocar as etiquetas a un produto acabado.
NORMATIVA GALEGA DO USO IDIOMA NA ETIQUETAXE:

Decreto 101/1985, do 23 de maio, sobre a utilización do idioma galego no etiquetado e publicidade dos produtos que se comercializan en Galiza (Dog nº 113, do 14/6/1985).

"O estatuto Galego d@ consumidor/a e d@ usuari@ sinala no seu artigo 23 que, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galiza propiciarase o emprego do idioma galego no etiquetado e publicidade dos bens, produtos e servizos que se ofrecen no mercado."
O Estatuto de Autonomía de Galicia, do 6 de abril de 1981, no Título Preliminar, Artigo 5 di:

1. A lingua propia de Galicia é o galego.

2. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar.

3. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilita-lo seu coñecemento.

4. Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua.

Lei 3/1983, do 15 de xuño de Normalización Lingüística (D.O.G.: 14/7/83)
A presente Lei, de acordo co establecido no artigo 3 da Constitución e no 5 do Estatuto de Autonomía, garante a igualdade do galego e do castelán como linguas oficiais de Galiza e asegura a normalización do galego como lingua propia do noso pobo.
O Estatuto Galego d@ consumidor/a e usuari@,

Conforme o previsto no artigo 30, apartado I, parágrafo cuarto, do Estatuto de Autonomía, a presente Lei ten por obxecto establece-los principios e normas básicas a que debe aterse a defensa dos dereitos e intereses dos consumidores e usuarios no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia

 
Programación Aula UD7Índice UD7Glosario UD7Esquema UD7Actividades apoioActividades recuperaciónActividades avanzadas