U. D. 7: ETIQUETAXE > ETIQUETADO E INDICACIÓN DE PREZOS > Saber máis
 
 
ETIQUETAS QUE GARANTIZAN PRODUTOS MÁIS NATURAIS:
     
As etiquetas enganosas son un dos principais problemas que @s consumidor@s se atopan cando fan a compra. Non é fácil saber o que se esconde detrás das denominacións de produción ecolóxicas, un reclamo que utilizan máis produtos dos que, en realidade, se poden acoller a este nome.
Segundo o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación enténdese como produción ecolóxica a agricultura ecolóxica que fai referencia a un conxunto de técnicas agrarias que exclúen o uso de produtos químicos de síntese como fertilizantes, praguicidas, antibióticos..., que ten como fin protexer o medio ambiente e preservar todas as características naturais dos produtos agrícolas ou gandeiros.
Este tipo de produción está regulada en España dende o ano 89, e o seu control lévano, xeralmente, os consellos ou comités de agricultura ecolóxica territoriais.
Para garantir @ consumidor/a que merca o produto que pasou por todos estes controles, a normativa vixente obriga a que todas as unidades envasadas, ademais da súa propia marca, leven unha etiqueta (ou contraetiqueta) numerada e un logotipo ou anagrama específico da autoridade ou organismo de control e a lenda "AGRICULTURA ECOLÓXICA".
 
Programación Aula UD7Índice UD7Glosario UD7Esquema UD7Actividades apoioActividades recuperaciónActividades avanzadas