U. D. 7: ETIQUETAXE > ETIQUETADO E INDICACIÓN DE PREZOS
A lexislación comunitaria en materia de etiquetado, ademais de prever normas para a seguridade dos produtos, ten por obxecto informar correctamente @ consumidor/a sobre o prezo e outras calidades ou características esenciais dos mesmos.
A indicación do prezo de venda é obrigatoria para todo ben de consumo.
A indicación dos prezos por unidade de medida (prezo por quilo, litro, metro, etc.) é obrigatoria para os produtos preenvasados en cantidades variables (por exemplo, as mazás xa envasadas, que se venden nos supermercados) ou vendidos a granel, salvo para algúns produtos preenvasados e vendidos en cantidades fixas.
A indicación do prezo permítelle @ consumidor/a non só coñecer o valor de compra, senón tamén comparar produtos. O mesmo cabe dicir no que respecta á indicación do peso nos produtos preenvasados.
Mentres, para evitar calquera confusión sobre determinadas denominacións e indicacións, estase creando progresivamente un listado de "denominacións de orixe protexidas" (D.O.P.) e "indicacións xeográficas protexidas (I.G.P.) mencionadas nos produtos alimenticios ou na súa publicidade.
No caso dos produtos téxtis, a Unión Europea garante un sistema uniforme de etiquetado das fibras utilizadas. As etiquetas, que teñen que figurar obrigatoriamente en calquera produto téxtil, (coa excepción de teas por metros, nas que se aplican normas diferentes), deben ser visibles e lexibles e indicar, en porcentaxe, todas as fibras que entren na composición do produto acabado nunha porcentaxe superior ó 10%.
Cada vez máis utilízase un sistema de etiquetado comunitario que indica as características ecolóxicas ou económicas de certos productos.
No caso dos produtos alimenticios, os prezos poden figurar en cada unha das referencias. A medida que se van repoñendo vanse etiquetando. Aínda que co código de barras da referencia, identifícase facilmente no escáner da caixa.
Os prezos tamén poden ir colocados no andel, neste caso, o tamaño é maior, e diste xeito aforramos etiquetar os produtos.
Cando se trata de destacar os prezos dos produtos en oferta, estes poden ir sobresaíndo o mesmo lineal onde está o produto, na parte superior da cabeceira de góndola ou colgados do teito.
Programación Aula UD7Índice UD7Glosario UD7Esquema UD7Actividades apoioActividades recuperaciónActividades avanzadas