U. D. 7: CODIFICACIÓN > INTRODUCIÓN > CÓDIGO EAN/UCC-13
O EAN 13 é un código adecuado para:
Identificar unidades de produto que teñen como destino o punto de venda. Neste caso o símbolo máis adecuado é o EAN 13
Identificar artigos que permitan incluír este código nos documentos como facturas, pedidos, albarás,...
Identificar agrupacións con destino diferente ó punto de venda. É dicir, almacén, comercio polo xunto,, Cash & Carry, entrada e saída de produtos. Para estes casos, o mellor símbolo é o ITF 14
Estrutura do Código EAN/UCC-13
  2 5 5 1

Posicións en cada país: 84 en España

Posicións para cada empresa (concedido pola AECOC)
Posición para cada produto industrial ou distribución
Posición para o Control numérico de Seguridade
Número do país Número da empresa Número de unidades de produto Carácter de control
84 11769 010018 8
España

Industrias Frigoríficas del Louro, S. A. - C. Puente del Valo, s/nº - 36400 PORRIÑO (Pontevedra)

Callos 625 g Seguridade de Lectura
Quen asigna o número Asociación Europea de Codificación de Produtos (EAN) Asociación Española de Codificación Comercial (AECOC) Industrial ou distribuidor/a Definido por regra matemática
Todas as empresas que forman parte do sistema EAN a través de AECOC no Estado Español, codifican os seus artigos co nº 84 como primeiras cifras. Isto non significa necesariamente que o artigo fora fabricado en España, senón simplemente que a empresa, independentemente da súa nacionalidade e da radicación territorial das súas factorías, utiliza o sistema EAN mediante o código asignado pola AECOC. Por exemplo, un produto empaquetado en España de orixe arxentino.
Asignará ás empresas rexistradas un número de entre 5 e 8 díxitos, en función das necesidades da empresa. Este número precedido do PREFIXO formará o "Código de Empresa". O Código de Empresa NON identifica @ fabricant@ do produto, senón que representa @ PROPIETARI@ DA MARCA.
@ propietari@ da Marca dispón dunha serie de díxitos en branco en función do Código de Empresa que lle foi asignado. O Código EAN 13 do produto obterase completando estes díxitos en branco e calculando o díxito de control.
O cálculo correcto do díxito de controll libera ó código de barras de calquera erro de impresión no momento da súa lectura.
Programación Aula UD7Índice UD7Glosario UD7Esquema UD7Actividades apoioActividades recuperaciónActividades avanzadas