U. D. 7: CODIFICACIÓN > INTRODUCIÓN
A.E.C.O.C. (Asociación Española de Codificación Comercial) http://www.aecoc.es :
É unha asociación empresarial representante en España da EAN Internacional, organismo responsable de establecer a normativa de codificación de produtos a nivel internacional.
Como organización sen ánimo de lucro ten a misión de contribuír a facer máis eficientes as relacións entre as empresas de Produción e Distribución, aportando maior valor @ consumidor/a mediante a identificación de oportunidades de mellora ó longo de toda a canle de subministros.
Na actualidade AECOC agrupa a máis de catorce mil empresas de todo o Estado Español, pertencentes a diversos sectores: produtos de gran consumo, ferraría e bricolaxe, sector farmacéutico-sanitario, ámbito editorial, material eléctrico, e moitos outros..
Que é un código:
Un código é un número que identifica un artigo comercial dun xeito único e non ambiguo. Un artigo comercial é calquera produto ou servizo sobre o que existe a necesidade de obter información predefinida e á que se lle pode asignar un prezo, e ordenar e facturar para o seu comercio entre os participantes do canal de Abastecemento..
Sistema de codificación:
É un conxunto de normas de aceptación xeneral (linguaxe universal) que identifica ós produtos ou servizos cos seguintes fins:
Mellorar o servizo á clientela no punto de venta.
Facilitar os controles administrativos.
Establecer unha linguaxe común entre industriais e comerciantes
Estimular o intercambio de información entre ambos, particularmente en materia de mercados.
Identificar o produto internacionalmente de cara á exportación.
Rexistrar en forma automática o movemento dos produtos no punto de venta.
Códigos máis utilizados no punto de venda:
Programación Aula UD7Índice UD7Glosario UD7Esquema UD7Actividades apoioActividades recuperaciónActividades avanzadas