U. D. 7: CALIDADE > Nota de prensa
 
O día 8 de outubro de 2004, no Faro de Vigo, aparecían as seguintes noticias nas páxinas de Arousa (Manuel Méndez)
GALIZA CONTA CON 1.004 EMPRESAS CO CERTIFICADO DE CALIDADE AENOR
A "CUMBRE GALEGA DE CALIDADE" premiou en A Toxa aos últim@s empresari@s seleccionad@s.
En Galiza hai un total de 1.004 entidades que contan co certificado de rexistro da empresa AENOR segundo a norma UNE-EN ISO 9001. Esta é a principal conclusión extraída da "V Cumbre Galega da Calidade", desenvolvida na illa grovense de A Toxa cunha importante participación dos empresarios e empresarias galegas.
No transcurso deste foro fíxose a entrega simbólica de 294 distincións de calidade (representadas por figuras de bronce) a outras tantas empresas que conseguiron dita mención dende xullo de 2002 ata o pasado mes de agosto. Actualmente o 46% das empresas co certificado AENOR atópanse na provincia de A Coruña, un 30% na de Pontevedra, un 13% en Lugo e un 11% en Ourense.
Si se fai un división por sectores observase que a maior parte dos certificados de calidade, cun 21%, atópanse na construción. O sector servizos ocupa o segundo lugar cun 20% e o industrial o terceiro posto cun 18%. En AENOR destacan, non obstante, que "nos últimos anos certificáronse empresas e organizacións moi cércanas á sociedade, como poden ser as dos sectores da educación ou a sanidade".

Ás 1.004 empresas certificadas pola xestión da calidade hai que engadir tamén 199 industrias do tecido empresarial galego que obtiveron o certificado medioambiental segundo a norma UNE-EN ISO 14001.

(...)

A ADEGA CAMBADESA CONDES DE ALBAREI LOGRA A GARANTÍA ISO 9001:
A adega cambadesa logrou o certificado de calidade ISO 9001, concedido por Lloyd's Register Quality. O galardón foi entregado ó presidente da firma, Carmelo Castro Durán, de mans da ministra de Agricultura, Elena Espinosa, nun acto celebrado no Casino Madrid, onde Condes de Albarei presentou os seus tres viños amparados pola D. O. Rías Baixas... (...) A consecución do certificado ISO 9001 desatou a satisfacción na adega afincada en Castrelo, onde levan 16 anos elaborando viños brancos de albariño.
Programación Aula UD7Índice UD7Glosario UD7Esquema UD7Actividades apoioActividades recuperaciónActividades avanzadas Volver