U. D. 7: CALIDADE
A ISO (International Standarization Orgaization):
É a entidade internacional encargada de favorecer a normalización no mundo. Con sede en Xenebra, é unha federación de organismos nacionais, estes teñen as súas oficinas de normalización que actúan como delegadas en cada país, onde teñen comités técnicos que levan adiante as normas. Por exemplo, AENOR en España.
DEFINICIÓN E NORMA:
As normas son un modelo, un patrón, exemplo ou criterio a seguir. Unha norma é unha fórmula que ten valor de regra e ten por finalidade definir as características que debe posuír un obxecto e os produtos que teñen que ter unha compatibilidade para ser usados a nivel internacional. Por exemplo, o problema que ocasiona a moit@s usuari@s os distintos modelos de enchufes que existen a escala internacional para poder encaixar pequenas máquinas de uso persoal: secadores de cabelo, máquinas afeitar, etc. cando se viaxa. A normalización dos produtos é importante.
FINALIDADE PRINCIPAL DAS NORMAS ISO:
A finalidade principal é orientar, coordinar, simplificar e unificar os usos para conseguir menores custos e efectividade.
Teñen valor indicativo e de guía. Actualmente o seu uso vaise estendendo e hai un gran interese en seguir as normas existentes porque dende o punto de vista económico reduce os custos, tempo e traballo.
As normas poden ser cuantitativas (normas de dimensión, por exemplo as DIN-A, etc.) e cualitativas (as 9000)
Para buscar máis información sobre as normas ISO, entrar na páxina web de AENOR
CALIDADE:
Atendendo a normativa, a calidade pódese definir como o conxunto de características dunha entidade que lle confiren aptitudes para satisfacer as necesidades expresadas e as implícitas.
As normas ISO 9000, son un conxunto de normas que segundo a súa definición constitúen un modelo para asegurar a Calidade no deseño, o desenvolvemento, a produción, a instalación e o servizo postvenda. Estas normas permiten desenvolver e implantar un sistema de xestión da calidade nunha empresa.
Buscar en Internet as diferentes normas ISO, que documentación se necesita para implantalas e canto dura o procedemento.
Programación Aula UD7Índice UD7Glosario UD7Esquema UD7Actividades apoioActividades recuperaciónActividades avanzadas