U. D. 5: O LINEAL > CONCEPTOS BÁSICOS > Rendibilidade lineal (1)
 
Cuestións básicas: Prezo de venda (PV) é o prezo de venda sen I.V.E.; Prezo de venda ó público (P.V.P.) é o prezo de venda co I.V.E.
Prezo de compra (PC) é o prezo que o p.v. paga @ provedor/a, sen I.V.E.; Marxe bruta (MB) = PV-PC
A cada metro de lineal correspóndelle unha inversión (é a inversión total do establecemento e os seus gastos fixos de explotación, dividida polo número total de metros de lineal desenvolvido). É o aluguer que cada produto paga polo lugar que ocupa.
Os programas informáticos de xestión permiten calcular a incidencia dunha modificación do fronte na rendibilidade dunha familia, ou sección, e optimizar así, a implantación do lineal.
Pódese calcular o espazo a asignar ó lineal a unha familia, subfamilia proporcionalmente a súa cifra de vendas e segundo o beneficio bruto:
 
   
   
Mediante o seguinte índice é posible analizar si un produto ten adxudicada a lonxitude do lineal que "paga", segundo a cifra de vendas, ou segundo o beneficio bruto:
 

Ííndice =1, o lineal adxudicado, segundo as vendas é correcto.

Os resultados dos índices teñen igual aplicación que no cálculo utilizando a cifra de vendas
Índice >1, debería dotarse dun lineal maior.
Índice <1, debería reducirse o espazo do lineal
Programación UDÍndice UDGlosario UDActividades apoioActividades reforzoActividades Avanzadas