U. D. 5: IMPLANTACIÓN DOS PRODUTOS NO LINEAL > A presentación
Non existe un método que indique cómo debe ser a presentación ou a distribución tipo dos produtos, depende de cada firma. A medida que o punto de venda vai acumulando datos sobre os costumes e necesidades da súa clientela, vai adaptando a presentación da mercadoría.
 
En todo caso, os produtos pódense implantar no lineal utilizando dous métodos:
 
 
PRESENTACIÓN VERTICAL
 
PRESENTACIÓN HORIZONTAL
Consiste en colocar o mesmo produto en todos os niveis do lineal, ocupando o mesmo espazo en vertical en cada un.
Consiste en situar un produto diferente en cada nivel do lineal
Este método é ó máis utilizado (sobre todo en grandes puntos de venda), preferido ó horizontal, polo número de vantaxes que proporciona:
Este método de presentación horizontal utilizarase en algúns casos concretos, por exemplo no nivel inferior (gaiolas de produtos a granel) ou no superior (produtos en exposición)
 
A mirada barre horizontalmente o lineal a unha altura media de 1,50 m do chan, polo que se visualiza a familia que se busca dende unha primeira ollada
Non é un dos métodos máis utilizados, dados os inconvenientes que presenta (monotonía, dificultade de busca...) Pero sié o máis utilizado nos pequenos puntos de venda dado que o lineal dispoñible é pequeno e o numero de referencias son poucas.
 
Á clientela non lle gusta volver atrás co carro, vai desfilando polas familias de produtos sen esquecer nada
 
Facilidade para mover de nivel os diferentes produtos.
 
Rompe a monotonía modificando o número de niveis dos andeis, sen prexudicar a coherencia da familia.
 
 
Facilita o etiquetado informativo, a P.L.V, ambiente personalizado, etc. e presentar produtos complementarios da familia.  
 
 
 
Programación UDÍndice UDGlosario UDActividades apoioActividades reforzoActividades Avanzadas