U. D. 4: IMPLANTACIÓN SALA DE VENDAS > Puntos quentes e puntos fríos < quentamento
Tendo en conta a existencia de zonas naturais frías e quentes, @ merchandiser tratará de que a clientela visite todas as zonas. Para eso deberá animar os puntos fríos que podan existir nelas.

 

¿COMO ANIMAR OS PUNTOS FRÍOS?:
 
Os puntos fríos supoñen un custo para o negocio xa que teñen un baixo nivel de vendas, polo tanto, @s comerciant@s deberán animalos. Para animar os puntos fríos existen unha serie de métodos físicos e psicolóxicos que "obrigan" á clientela a pasar por diversas seccións antes de chegar ó lugar onde se ubica o produto desexado. Algúns métodos son:
Métodos físicos:
 

Situar áreas base (alimentación, confección, ofertas, oportunidades, etc.) de forma que sexa necesario percorrer gran parte do establecemento para chegar ata elas. Isto implica que a clientela pasará por zonas que, doutra forma non formarían parte da súa ruta.

 
Colocar indicadores visuais que sinale á clientela onde se atopan as áreas de promocións ás que chegará por outros puntos debidamente acondicionados.
  Colocar produtos de atracción para a clientela.
Métodos psicolóxicos:
  Mostrar o funcionamento dos artigos e explicar o seu manexo.
  Realizar degustacións de produtos por medio de azafat@s
  Crear centros de atención con música, indicando promocións, artigos e oportunidades...
  Posuír produtos "gancho" anunciados en TV e outros medios de comunicación.
Programación UD4Índice UD4Glosario UD4EsquemaActividades apoioActividades reforzoActividades Avanzadas
S