ACTIVIDADES PARA DEBATER NA AULA:

Visitar por grupos, establecementos comerciais da localidade, previamente indicados na clase (un máximo de tres ou catro). Cada grupo anotará as seguintes observacións:

Debuxará o plano da sala de vendas de cada establecemento.

Indicará sobre o plano cales son os puntos fríos e quentes detectados por cada grupo en cada establecemento visitado.

Indicará se cumpren ou non algunhas das regras para a implantación das seccións. E si incumpeen, indicar cales son e a que motivos achacades o seu incumprimento.

Indicar o sistema de distribución que teñen as seccións

Observar si hai instalado algún sistema de seguridade e hixiene ou preguntar si hai normas escritas informativas de cara aos empregados e as empregadas.

Indicar o tipo de mobiliario que utiliza e si reúne as normas requiridas de seguridade e hixiene.

Fixarse no itinerario do establecemento e responder as seguintes preguntas razoándoas: ¿Permite a localización rápida das seccións?, ¿A circulación é fluída?, ¿Canto tempo calculas que che pode levar mercar os seguintes produtos: aceite, patacas, unha lata de bonito en aceite de oliva, 200 gr de xamón cocido, un polo, ovos, unha barra de pan, unha lata de tomate fritido, un bote de deterxente?.

Indicar si a complementariedade das seccións e produtos é correcta, dende o punto de vista da teoría, ou, segundo as vosas necesidades habería algo que cambiar.

 

ACTIVIDADES PARA TRABALLAR EN GRUPO:

En función das distintas opinións debatidas na aula, cada grupo, indicará (utilizando o programa Word)::

Métodos que considera oportunos aplicar para quentar os puntos fríos detectados en cada un dos establecementos visitados.

¿A radicación das seccións incumpren algunhas das regras para a súa implantación?

¿Cambiaría o sistema de distribución das seccións? ¿Por que?

Medidas de seguridade e hixiene. Comprobar (buscando en Internet) se hai novas leis e ordenanzas sobre seguridade e hixiene ou en materia de prevención de riscos laborais e actualizalas.

Tipo de mobiliario que sería necesario cambiar por incumprir algunha das normas de seguridade ou de estilo.

Itinerario: indicar si está ben deseñado, se o tempo de permanencia é correcto.

As técnicas observadas para que a clientela permaneza máis tempo dentro do establecemento.

Imprimir e entregar copia.

 

ACTIVIDADES PARA ENTREGAR:

Programación UD4Índice UD4Glosario UD4EsquemaActividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas