U. D. 4: IMPLANTACIÓN SALA DE VENDAS > Puntos quentes e puntos fríos

Os PUNTOS QUENTES son os emprazamentos onde a venda de calquera produto exposto é maior, por metro lineal, que a venda media do establecemento. Os puntos quentes xeran ó seu redor unha ZONA DE ATRACCIÓN.

Pódese destacar dous tipos de puntos quentes:

 
Punto quente natural: Formado por múltiples causas, entre outras a propia arquitectura do punto de venda (columnas, esquinas, etc.); polo mobiliario (cabeceiras de góndola, mostradores, etc.); por áreas de "parados" (caixas rexistradoras, T.P.V., zona verde, carnicería, chacinería, etc.).
Punto quente artificial: Creados por algún elemento técnico de animación do punto de venda (iluminación, decoración, etc.); unha mensaxe publicitaria (visual ou auditiva); por unha promoción; por unha degustación de produtos, etc.
  Exemplos de puntos quentes realizados expresamente:
Zonas xunto a un gran espello

Por unha particular iluminación, coloración ou decoración .

Por unha provocada excitación sensorial, visual, auditiva ou aromática
A zona das caixas
Xunto a un produto competidor máis caro
A exposición dun produto de gancho de prezo "dramaticamente" baixo.
Lugar da tenda mellor iluminado
Nun stand de degustación de produtos, etc.
Os PUNTOS FRÍOS: son os emprazamentos onde a venda de calquera produto exposto é menor, por metro lineal, que a venda media do establecemento. Normalmente atópanse afastados do fluxo normal da circulación. Poden ser provocados entre outros por unha mala orientación da circulación da clientela; acostuma a estar situados nas zonas moi cerca da entrada, á esquerda; as esquinas e corredores sen saída; zonas escuras, ruidosas, sucias ou desordenadas; espazos detrás de columnas; a segunda planta dun establecemento; etc.
Programación UD4Índice UD4Glosario UD4EsquemaActividades apoioActividades reforzoActividades Avanzadas
S