U. D. 3: IMPLANTACIÓN DO PUNTO DE VENDA > División por zonas da sala de vendas > Exemplo
         
Hai estudios, empiricamente probados, que existe unha tendencia natural (causa psicolóxica) que non está determinada, a dirixirse (unha vez dentro do local), cara á dereita e circular en sentido contrario ás agullas do reloxo, como sentido normal ou fluxo da circulación. Só un 10% das persoas que penetran nun local de vendas alcanza o terzo final do mesmo, un 20% traspasan a metade e, a gran maioría, o 70%, non chegan máis aló do primeiro terzo do establecemento. No exemplo que vimos utilizando dun establecemento de venda de roupa, a zona fría e a zona quente, quedarían como se ven. A tendencia que seguen a maioría d@s arquitect@s de interiores é a de repartir os probadores polos ocos ou lugares pouco accesibles do local (cerca deles colócanse os complementos) e colocar o mostrador da caixa no centro do local sinalizado por unha baixada do teito. Neste exemplo, os probadores están na zona fría. Isto obriga á clientela a ir ata esa zona. A entrada ó almacén está situada nunha esquina, de fácil acceso, e ademais ten unha porta traseira para introducir as mercadorías sen molestar á clientela.
   
   
   
Programación UD3Índice UD3Glosario UD3Esquema UD3Actividades apoioActividades reforzoActividades ampliacion Volver
SS