ACTIVIDADES PARA TRABALLAR EN GRUPO:
1ª) Unha vez explicada U.D. o alumnado visitará establecementos da localidade, dedicados á venda de alimentos, roupa, zapatos, droguerías, etc. Faranse tantos grupos como establecementos haxa que visitar (conviría que cada grupo visitara dous establecementos dedicados á mesma actividade para contrastar opinións). Cada grupo observará a implantación dos espazos internos e tomará notas sobre a súa situación, se cumpren a normativa sobre seguridade e hixiene e medidas da mesma.
 
ACTIVIDADES PARA DEBATER NA AULA:
1ª) Cando todos os grupos estean reunidos na aula, cada un deles exporá a información recollida e dará a súa opinión sobre os espazos e a radicación do establecemento visitado. Unha vez debatida a experiencia da visita ós establecementos, elaborarán en grupo o plano dos establecementos visitados utilizando programas informáticos (aquí poden utilizar, dende o Word ata o CorelDraw ou Macromedia FreeHand), indicando por escrito as conclusións do debate na aula. O traballo realizado entregarase impreso.
 
ACTIVIDADES PARA ENTREGAR:
 

Programación UD3Índice UD3Glosario UD3EsquemaActividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas