U. D. 3: IMPLANTACIÓN DO PUNTO DE VENDA > División por zonas da sala de vendas
ZONA FRÍA: sitúase á parte esquerda da porta de entrada, cando se divide a sala de vendas en dúas partes. Nesta parte, colócanse as seccións máis vendedoras para obrigar á clientela a percorrer o local ata o final, normalmente con artigos de gran demanda e unha baixa marxe comercial
ZONA QUENTE, ou zona de circulación natural, está situada á parte dereita da porta da entrada. Recibe o nome de zona quente porque é o lugar, ó estar cerca da zona de entrada, por onde circulan máis @s consumidor@s. É a zona ideal para colocar as seccións con máis marxe de vendas, con menor frecuencia de venda ou as promocións.
   
Dentro das Zonas Fría e Quente, pode haber outros pequenos espazos, chamados PUNTOS FRÍOS e PUNTOS QUENTES, que se estudarán na seguinte unidade, na implantación da sala de vendas.
   
A ZOA QUENTE e a ZOA FRÍA dunha sala de vendas, son importantes cando se trata de implantar correctamente as seccións e radicar os centros de atracción

Programación UD3Índice UD3Glosario UD3Esquema UD3Actividades apoioActividades reforzoActividades ampliacion Volver
SS