U. D. 3: IMPLANTACIÓN DO PUNTO DE VENDA > @ Comerciante na xestión do punto de venda > actuación
     
Na actualidade a informática permite axilizar as tarefas que antes evitaban que @ comerciante estivera todo o tempo na sala de vendas.
A clave para obter a máxima rendibilidade da tenda é que @ responsable do establecemento comercial pase a maior parte do tempo na sala de vendas, aínda que teña empregad@s.
Calquera vendedor ou vendedora sabe que na sala de vendas sempre hai algo importante a facer:
 

Realizar pedidos adecuados para evitar as roturas de stocks ou inmovilizacións excesivas.

Repoñer os produtos nos andeis, vixiando que os prezos sexan os correctos.

Modificar os escaparates interiores e exteriores.

Preparar promocións interesantes para a clientela e a cartelística necesaria de sinalización

Cambiar os produtos de niveis nos lineais e observar onde se venden máis.

Corrixir calquera situación de risco que se poda dar e vixiar que se cumpran as normas de seguridade e hixiene.

Limpar distintas partes da tenda, como cristais da porta, mesa ou mostrador, polvo dos produtos, etc.

   
Programación UD3Índice UD3Glosario UD3Esquema UD3Actividades apoioActividades reforzoActividades ampliacion Volver