U.D. 2: DISTRIBUCIÓN >Sistemas de venda > Tradicional > Vantaxes e inconvenientes
   
VANTAXES
INCONVENIENTES
@ comerciant@ coñece a súa clientela e mantén unha relación persoal con ela. Á clientela gústalle, en xeral, ser recoñecido e busca a alguén que sexa competente, amable e que teña bo humor.
Os gastos de explotación soen ser altos, pola forma de venda. A rendabilidade vese afectada por unhas rotacions escasas e un custo elevado de almacén, normalmente sobredimensionado.
O horario de apertura soe ser flexible, pode ter reparto a domicilio, criterios de cobro diferentes con concesión de crédito temporal na compra, porque coñece persoalmente as necesidades da súa clientela.
A propiedade da tenda tradicional habitualmente é familiar e a súa explotación tamén. Os baixos coñecementos d@s empresari@s deste tipo de establecemento, impiden a aplicación de criterios empresariais na planificación, xestión e control da explotación do establecemento que as veces soe levar a unha situación insostible cando tratan de renovar o establecemento ou aplicar unha política de prezos distinta obrigados pola competencia.
A tendencia xeral é aumentar o número de actos de compra, pero dun importe cada vez máis reducido, o que repercute de xeito directo neste tipo de negocios, onde a rendibilidade a acadar é moi difícil.
   
   
Programación UD2Índice UD2Glosario UD2EsquemaActividades apoioActividades reforzoActividades Avanzadas
S