>
ACTIVIDADES PARA TRABALLAR EN GRUPO:

En cada vila ou cidade, segundo o tamaño do mapa do Concello (normalmente atópanse nas oficinas de turismo ou nas guías telefónicas), faranse tantos grupos de alumnos e alumnas na aula como núcleos de poboación teña o concello, tendo en conta que os nucleos de poboación máis grandes dividiríanse en partes.

Neste caso de O Grove, hai 11 núcleos de poboación. Todos son moi pequenos agás a parroquia principal do concello San Martiño que se dividiría en tantas partes como o alumnado o permitira. Neste mapa xa están sinalados os núcleos de poboación, por eso o traballo consistirá en amplialos, ben mediante medios informáticos utilizando enlaces, ou ben a man. (ofrécese un exemplo en San Vicente do Mar),

Unha vez divididas as zonas e repartido o traballo, o alumno ou alumna deberá indicar os establecementos que hai en cada zona, indicando o nome da tenda, a rúa, a actividade e o sistema de venda.
Realizado o traballo anterior, o alumnado presentará as conclusións en conxunto de todo o concello.
Investigar en Internet, cantos dos establecementos do concello dispoñen de páxina web ou de correo electrónico. Este traballo poden realizalo os mesmos grupos que fixeron o anterior. Para eso utiizarán un buscador, http://www.google.es, por exemplo ou o buscador galego http://buscador.vieiros.com/ligazons/buscador/ , realizando a búsqueda polo nome dos establecementos, normalmente usan a terminación "com" ou "es", ou ben mediante páxinas do concello, de asociación de empresari@s da localidade, mediante as páxinas de turismo, ou a través de palabras como "comercio del Grove" ou no buscador de vieieros utilizando a palabra "O Grove", etc.
Realizado o traballo anterior, o alumnado procederá a presentar as súas conclusións en conxunto.
ACTIVIDADES PARA DEBATER NA AULA:
Actualizar a información que sobre a Evolución da distribución en Galicia hai na unidade, mediante a busca en revistas actualizadas da aula, información das institucións publicadas en Internet, etc. A información a buscar repartirase por grupos. Cada grupo elixirá un/unha portavoz que deberá expoñer na aula.
ACTIVIDADES PARA ENTREGAR:

Programación aulaÍndice UD2Glosario UD2Esquema UD2Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadasvolver