U. D. 2: SISTEMAS DE VENDA > Comercio tradicional

Tradicional, ven de tradición, que, axustada a súa definición ó comercio, sería o conxunto de coñecementos, prácticas, costumes, etc. transmitidos de xeración en xeración. Para o comercio tradicional é indispensable a figura dun vendedor ou vendedora para ofrecer, adquirir ou vender os productos.

Características da venda tradicional

Os productos están no almacén ou detrás do mostrador, poden ser productos a granel que deben repasads, cortados, empaquetados, etc. . A clientela necesita pedilos ó vededor ou á vendedora para poder velos.

O mobiliario consiste, xeneralmente, nun ou varios mostrador/es que ocupan un espacio importante da sala de vendas e que representa unha barreira infranqueable entre o vendedor ou a vendedora e a clientela.

O vendedor ou vendedora soe ser @ mesm@ don@ ou un/unha dependent@ que despecha persoalmente o producto.

Como consecuencia do anterior, as vendas son lentas e poden producir colas. Baixa rotación.

A clientela provén da proximidade inmediata, e normalmente non se realizan promocións, degustacións ou outra forma de animacion no establecemento.

As veces as mercadorías están expostas no exterior da tenda con ou sen prezo, ou nos escaparates ou vitrinas.

Algúns dos productos poden ser elixidos pol@ consumidor/a persoalmente para levalos ata o mostrador.

Planta comercio tradicional
Tipos de establecementos

Pódense clasificar segundo a súa agrupación en:

Establecementos aillados: soen estar especializados nalgún sector de actividade como: alimentación, teas, calzado, mercería, farmacias, xoierías, servicios en xeral,, roupa...

Establecementos agrupados nun mesmo local, como:

Mercados de abastos que hai varios nas cidades, e un, polo menos, nas vilas pequenas.

Galerías de alimentación, que son bastante frecuentes nos centros das cidades.

Centros comerciais, última das tendencias comerciais, que se están a a implantar en grandes vilas e cidades, onde o comercio independente, asociado, etc. comparte sitio co comercio de servizos e establecementos dedicados ó ocio, para atraer á clientela.

 
 
Programación UD2Índice UD2Glosario UD2EsquemaActividades apoioActividades reforzoActividades Avanzadas
S