U. D. 2: DISTRIBUCIÓN > Evolución da distribución en Galiza II

 

Tendo en conta que o 59% dos emprendedores/as galegos/as teñen carencias formativas na área xurídico económica e o 58% no área comercial (segundo os resultados dun informe elaborado pola Fundación Incyde das Cámaras de Comercio Galegas, publicado no ano 2004), no futuro da distribución comercial en Galiza tamén hai que ter en conta este perfil d@ comerciant@, con idade bastante avanzada e cun nivel de formación baixo, o que nos indica que ou ben non se atopan preparados ou non teñen a suficiente actitude para enfrontarse aos cambios que se están producindo na sociedade en xeral e no comercio en particular.
   
Segundo o estudo "Características e problemas d@ comerciant@ en Galicia" realizado por F. Losada; B. Barreiro; G. Sánchez e E. Ruzo, en outubro do 2001", curiosamente, as maiores preocupacións dos comerciantes proveñen do entorno externo ó establecemento (o poder de atracción das grandes superficies de venda, o incremento da competencia e a presión fiscal exercida polos gobernos), sen embargo, para eles non supón maior importancia os factores internos do propio establecemento (formación persoal, as dificultades para inversión na mellora do negocio, etc.), ó que resulta significativo e ben a ratificar a redución experimentada polo comercio tradicional nos últimos anos.
     
Para o futuro do comercio galego é fundamental que @ comerciant@ estude constantemente o seu entorno, profesionalice a xestión do seu negocio, inverta no establecemento para adaptalo ás necesidades d@s consumidores/as, etc. Pero para aplicar todo o anterior, se necesita a axuda dunha maior formación profesional
     
Tendo en conta que a competencia das grandes empresas de distribución é cada día máis forte, @ comerciant@ galeg@ deberá ser capaz de buscar novas estratexias para loitar contra as grandes superficies de vendas que lle permitan obter vantaxes competitivas, como por exemplo, recorrer á especialización, localización adecuada do establecemento, asociación con outros establecementos comerciais, crear centros comerciais abertos, etc.
 
Programación UDÍndice UDGlosario UDEsquemaActividades apoioActividades reforzoActividades Avanzadas
S