U. D. 2:DISTRIBUCIÓN > Evolución da distribución en Galiza
 

O comercio realizábase tradicionalmente en Galiza a través das feiras e mercados. Co paso do tempo algunhas destas formas foron desaparecendo ou perdendo importancia mentres que outras se revitalizaron, como os mercados ambulantes. Na actualidade a existencia de mercadiños e feiras non preocupan ao pequeno comercio (salvo o control da concesión de licenzas), senón que as veces suplen a carencia de equipamentos en determinadas zonas da comunidade.

O comercio polo miúdo aporta o 10% do V.A.B. de Galicia, da emprego a máis de 130.000 persoas e supón cerca do 40% das empresas que forman o tecido produtivo de Galiza.

O sector da distribución comercial experimentou en Galiza unha espectacular transformación nos últimos anos, debido aos cambios acontecidos no comportamento d@ consumidor/a e nos seus hábitos de compra. @ consumidor/a do século XXI está máis informad@ e formad@, preocupad@ polo medio ambiente, considera a calidade, o servizo e outras variables ademais do prezo nas súas decisións de compra, dispón de menos tempo e modificou as súas costumes en canto ó tipo de establecemento onde ir mercar.
Nos últimos anos estancouse a expansión dos hipermercados, perdendo incluso posicións con respecto a outros formatos, entre outras motivos debido a saturación dos mercados locais e o prezo do solo. Como reacción, creáronse novos establecementos chamados hipermercados de segunda xeneración, de menor tamaño que os anteriores.
Na última década irrumpiron con forza os centros comerciais, que serviron de plataforma para a expansión das franquicias e cadeas sucursalistas, alternativas de expansión do comercio tradicional existente na zona onde se implantan.
Os almacéns populares desapareceron das ciudades galegas, sendo cubertos polos hjpermercados e tamén polas cadeas de tipo "todo a un €".

Entre 1996 e 2001 as actividades comerciais medraron nun 14% en Galiza. Por outra banda, hai que ter en conta o aumento da competencia experimentado no sector da distribución ante a aparición de novas fórmulas comerciais e a entrada de competidor@s estranxeir@s, o que indica un endurecemento da competencia no futuro do mercado de distribución do comercio polo miúdo.

O cadro mostra a evolución do equipamento comercial en Galiza entre dúas datas lonxanas, onde se pode observar como a dotación do comercio polo miúdo, en número de establecementos, medrou nos últimos 14 anos un 22,8%.

( "Los hábitos de compra en Galicia" J. Jose Ares e Aureliano García)
Programación UDÍndice UDGlosario UDEsquemaActividades apoioActividades reforzoActividades Avanzadas
S