U. D. 15: RECURSOS, MATERIAIS e FERRAMENTAS ESCAPARATISMO > MATERIAL DE DECORACIÓN > Manenquís, bustos, siluetas e perchas

Dentro do escaparate, independentemente do tipo de mercadoría que se expoña, pódese atopar todo tipo de elementos que sirvan de apoio ós artigos, como xa se veu nesta unidade. Os soportes poden ser de natureza moi variada, como xa vimos noutros apartados, pero os soportes máis utilizados para expoñer os artigos, sobre todo cando se trata de establecementos de roupa son os seguintes:

       
 
MANENQUÍS: Dende que comezaron a utilizarse comercialmente os manenquís no século XVIII, fabricados con material de vime, sen rostros e sen mans, ata os nosos días, os manenquís sufriron unha metamorfose ó longo da súa vida, e se foron acomodando as modas existentes en cada época. Nas últimas décadas anos 60-70, aparecen tendencias futuristas ou de ciencia-ficción con manenquís moi estilizados e esquemáticos, sen apenas trazos e cores diversas como a negra, grises, etc. Na década dos 80 era máis natural, volvéndose a utilizar perrucas. Nos 90 volvemos á esquematización, estilizando, perdendo case por completo as curvas nos manenquís femininos e pronunciando as formas atléticas e musculosas nos masculinos, respondendo os canons de beleza. A perruca utilízase pouco aparecendo o pelo esculpido. Os manenquís de nen@s teñen as mesmas características cos dos maiores

       
 
BUSTOS, LENCERIA E BAÑO: Os bustos, sen cabeza nin extremidades, substitúen aos manenquís, hainos de todos os materiais (plástico, madeira, tea... e de cores cremas, negras, prateadas, douradas, brancas, marróns, transparentes, etc. con ou sen base. Hai bustos para lencería e baño igual que os anteriores, pero que presentan máis variacións, bustos en movemento, busto que representa só a parte superior e busto que representa a parte inferior do torso.
       
 

SILUETAS, PERCHAS e outros soportes: As siluetas e bustos (normalmente cortados pola metade) do mesmo material que os anteriores, que levan un gancho para poder colgarse. As siluetas hainas tamén tipo perchas expositoras femininas e masculinas, en material plastificado para expoñer todo tipo de prendas. Por último, existen expositores para medias formando conxunto ou por separado, para roupa interior, perchas expositores de madeira con soporte regulable en altura, para xoiería (peto, metacrilato, bateas; cabezas de porexpan, etc.)

Todo este material pódese atopar nas tendas especializadas en materiais para os establecementos comerciais. Pódese nomear Decorequip en Porriño, Madmet en Vilagarcia ou Tecam en A Coruña e Vigo, entre outras.
Programación aula UD15Índice UD15Glosario UD15Esquema UD15Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas Volver