U. D. 15: RECURSOS, MATERIAIS e FERRAMENTAS ESCAPARATISMO > FERRAMENTAS ESCAPARATISMO > Ferramentas para traballar con pinturas

 
Na unidade didáctica nº 14 tratouse o tema das cores. Para poder utilizar a pintura recoméndanse os seguintes materiais:.
   
Pinceis de pelo fino : Os pinceis de marta son os máis adecuados para a acuarela e pinturas de auga, aínda que se utilicen pinceis máis económicos como son os de mangosta, mostela, lontra, etc.
Pinceis de pelo duro : Na actualidade estes pinceis están fabricados con fibras sintéticas. Os naturais son de porco ou porco espín.
Pinceis redondos: Reteñen mellor o líquido, rematan e punta e son de pelo fino. Recoméndanse para usar en técnicas acuosas como a acuarela, o fresco, etc.
Pinceis planos: Úsanse para utilizar con técnicas graxas como vernices, ceras, óleos, etc. Preséntanse nunha ampla variedade, os máis correntes son os chamados carrat e os de lingua de gato.
Espátulas: Atópanse con forma de coitelo ou de paleta e son moi útiles para pastar e pintar.
Rasquetas: Permiten rascar e empastar superficies. Por exemplo, un dos materias onde se utiliza a rasqueta é co porexpán.
Lápis: De todos os anchos e grosores, dependendo do tipo de uso que se lle queira dar. É necesario tamén afilalápis.
Aerógrafo: Visto na unidade didáctica de rotulación. Para traballar con esta ferramenta é necesario utilizar máscara e dispoñer de mesas maiores de 4 metros cadrados, con superficies horizontais e verticais.
Pinturas: No mercado hai moita variedade de pinturas. As máis utilizadas dentro do ensino, son as pinturas ó auga, máis que as pinturas graxas coas que hai que utilizar disolventes). O motivo é de seguridade (porque non é necesario utilizar disolventes) e alerxias que se poden dar no alumnado. As pinturas ó auga son máis tolerantes, a pesares de todo, o alumnado deberá utilizar as pinturas con máscara colocada. Os exprays utilizaranse con protección e só en casos moi concretos dada a súa perigosidade.
Programación aula UD15Índice UD15Glosario UD15Esquema UD15Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas Volver