U. D. 15: RECURSOS, MATERIAIS e FERRAMENTAS ESCAPARATISMO > FERRAMENTAS ESCAPARATISMO > Outros materiais para o taller de escaparatismo

Ademais da ferramenta específica nomeada ata agora, un taller de escaparatismo debe estar dotado do seguinte material:
Caixa de urxencias, guantes multiusos, protectores e produtos de limpeza: produtos para lavar as mans e de limpeza para os materiais e taller
Cravos: Existen moitos tipos de cravos. Os máis correntes en carpintería son: Cravo de cabeza plana; punta de cabeza perdida para que se introduza completamente dentro da madeira; cravo de cabeza redonda que queda aparente; cravo de cabeza lixeira; cravo para aglomerados. Todos eles con diferentes lonxitudes e diámetros proporcionados ó seu tamaño.
Grampas para grampadoras pequenas (para os lazos dos paquetes agasallos) e grampadoras de madeira (con distintos tamaños de grampas, entre 530/8 e 530/14, por exemplo).
Alfinetes: Podemos atopar de latón (máis grosos e que se dobran facilmente, utilizándose tanto en suxeición como en gancho)), semiaceirados (non son tan flexibles e utilízanse para suxeitar roupa e tecidos), de aceiro (máis finos e duros, non se poden dobrar. utilízanse para cravar en sitios difíciles e para tapizar, pois pódeselles sacar as cabezas)
Nailon de distintos grosores, cordóns papel con arame, sisal, sisal tintado, cordón papel retorcido, cordón de algodón, de fibra natural...
Pistola de silicona e cutters de distintos anchos de coitelas
Colas: Látex (para mobles, moquetas, etc. é resistente o auga e ó calor é de secado retardado), silicona (para papel, cartón, etc. non é unha cola propiamente dita paro é moi flexible e de rápida adherencia, utilízase tamén para tapar ocos e fendas), cola branca (para madeira, papel, cartón, todo tipo de material poroso, etc. non é resistente á humidade, tarda en secar necesitando unha pequena presión para a unión e é de fácil uso), cola glutinosa de coello ou peixe (para papel e madeira fina. Non resiste moi ben nin a calor nin a humidade), cola expósito (para materiais duros e porosos excepto os termoplásticos. É un material caro pero eficaz e de secado rápido), cola acrílica (para plásticos, materiais brancos ou revestimentos. Débese evitar tocar, é de secado instantáneo baixo unha leve presión cos dedos). Cinta adhesiva: de dúas caras, de embalar, cinta adhesiva normal con portarrolos,
Tecidos: lonetas, chintz, raso, retor, arpilleira, til, espuma, saco, feltro,con impresión artística, láminas de plástico, céspede sintético...
Augaplast: para tapar fendas. Alquil: para recubrir cunha película transparente que protexe. Mosi (para utilizar con flores)
Plásticos: charón, metacrilato, PVC, acrílicos, poliéster...
Papeis: Cartolinas, cartóns, cartón pedra, cartón acanalado, papel seda, papel charón, papel cebola, papel pinocho, papel "glicina" (parecido ó pinocho pero de alto gramaxe) papeis kraft de todas as cores, papel polipropileno extrafino (moi moldeable con moitas posibilidades de utilización e óptimos resultados decorativos como imitación de teas) papel para agasallos, cartón pluma, papel adhesivo, cortiza, etc. Existen bobinas que saen máis baratas. Portabobinas.
Cintas polipropileno de todos os anchos e cores, cintas espello, cintas mate, cintas de tecido, cintas decoradas, irisadas, metalizadas, de grella, etc. para decorar caixas de agasallos.
Materiais de rotulación: soportes de vinilo, cartolinas, porexpán, rotuladores de distintos grosores e cores, letras adhesivas...
Cámara fotográfica dixital. Programas de deseño gráfico: CorelDraw, FreeHand... Programas de fotografía: Photoshop, Corel...
Programación aula UD15Índice UD15Glosario UD15Esquema UD15Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas Volver