U. D. 15: RECURSOS, MATERIAIS e FERRAMENTAS ESCAPARATISMO > FERRAMENTAS ESCAPARATISMO > Ferramentas para traballar materiais acrílicos

 
O material acrílico utilizado en escaparatismo son os taboleiros (moi útiles polas súa versatilidade e aspecto) e as láminas.Este material converteuse no gran substituto do vidro. Subminístrase protexido polas dúas caras cun forro de papel para evitar calquera tipo de deterioro na superficie. Os materiais acrílicos pódense presentar do seguinte xeito: acanalados ou planos
   
Cores: Poden ser transparentes ou de distintos tons de distintas cores uniformes ou planas.
Superficie: Poden ter a superficie rugosa ou lisa
Espesor: O seu espesor pode variar entre 1 e 13 mm. O máis usual é o de 3 mm.
Formatos: Os acrílicos transparentes poden figurar tamén en láminas, tubos e varas de distintos tamaños
Cortes: Para cortar material acrílico utilízase unha serra ou serrón de dentes moi finos ou unha coitela especial.
Tradear: Para tradear o acrílico, pódese facer coa barrena eléctrica, empregando brocas helicoidais. Ó tradear hai que colocar a peza enriba dun taboleiro de madeira, para evitar que se rompa pola parte inferior.
Pulir: Para pulir hai que utilizar un disco de pulir, que se pode adherir á barrena eléctrica.
Soldar: A soldadura de acrílicos faise mediante disolventes, protexendo a zona dos bordes cunha cinta adhesiva
Moldear: Para moldealos, faise con calor, protéxese a zona que non se quere dobrar con aluminio, deixando ó aire, só a zona pola que se quere dobrar ou manipular. Unha vez protexida ponse sobre unha placa eléctrica utilizando guantes protectores. Hai que dobrar a lámina antes de que se arrefíe coa axuda dunha peza de madeira cortado no ángulo que se desexe dobrar.
Programación aula UD15Índice UD15Glosario UD15Esquema UD15Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas Volver