U. D. 15: RECURSOS, MATERIAIS e FERRAMENTAS ESCAPARATISMO > RECURSOS ESCAPARATISMO > CREACIÓN DE AMBIENTES > Verán
 
Aspectos a ter en conta:

Esta estación e a época das vacacións estivais, do tempo dedicado ó ocio. As temperaturas aumentan considerablemente e se produce un cambio n@ consumidor/a, non só na vestimenta, senón tamén na alimentación, no coidado do corpo, no cambio de costumes. As vacacións facilitan o ocio e as viaxes a outras xeografías para as que tamén necesitarán renovar equipamento.

 

Os escaparates hai que cambialos. O aspecto que lles daba a primavera é parecido ao do verán pero os produtos non son os mesmos, polo tanto o ambiente hai que adaptalo a estes novos artigos.

 

Si a cor era importante en primavera, no verán vese todo máis luminoso. Hai que utilizar as cores que se identifican coa praia, o mar, a montaña, o sol. É dicir, ademais da cor amarela e a branca, hai que empregar a azul mar e azul ceo (que se identifican coa praia), a gama de encarnados (que se identifican co sol) e a gama de verdes (que identifican a natureza e a montaña).

 
Para realzar máis os ambientes que se podan crear no escaparate débense utilizar luces cenitais e laterais.
Propostas de atrezos que se poden empregar:
A estación do verán permite utilizar moitos e diferentes tipos de atrezos, que non requiren grandes orzamentos, dos que entre outros moitos, propóñense os seguintes:
 

Plantas verdes imitando fentos, palmeiras, enredadeiras e todo tipo de vexetación para crear unha atmosfera selvática. Pódense colocar no chan do escaparate, suxeitas por fíos de nailon ou pinchadas sobre espuma de cor verde que pasan desapercibidas.

 

Figuras de aves, e flores para que dean un pouco de cor. Pódense confeccionar con papel ou porexpán e pintalas de vivas cores para que chamen a atención do público.

 

Figuras de porexpán ou xeso imitando motivos mariños como peixes, temóns de barcos, barcos, faros, cunchas, insectos, etc., que se poden suxeitar con alfinetes ou masilla nos laterais e fondos do escaparate, ou con fíos de nailon colgando do teito. Tamén poden servir de soportes para os artigos se o seu tamaño o permite.

  Fondos de papel recreando motivo de verán que resalten as prendas expostas.
 
Macrofotos con imaxes de actividades propias da época ou paisaxes marítimos, postas de sol, etc.
Exemplos:
A continuación, pódense ver nos exemplos atrezos indicados arriba e outro tipo de ambientación máis sobria:
Programación aula UD15Índice UD15Glosario UD15Esquema UD15Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas Volver