U. D. 15: RECURSOS, MATERIAIS e FERRAMENTAS ESCAPARATISMO > RECURSOS ESCAPARATISMO > CREACIÓN DE AMBIENTES > Primavera
 
Aspectos a ter en conta:

A chegada da primavera é un período adecuado para renovar os escaparates con prendas lixeiras e novos complementos, ademais de aproveitar para enchelos de luz e cor.

 

Nesta estación as cores que sobresaen son a amarela e a verde vexetal que por si soas conducen ó público mentalmente á primavera. A cor amarela atrae poderosamente a atención, é unha das cores que máis vende. A branca contribúe a resaltar a luminosidade do escaparate. Panelar o fondo e laterais do escaparate de cor branca resulta opticamente moi acertado, xa que resalta moito máis o produto e permite realizar distintas combinacións de cores.

   
Propostas de atrezos que se poden empregar:

Nesta época todo o relacionado con flores e plantas é o atrezo máis adecuado. É a época na que comezan a brotar plantas e árbores.

 

As flores son un atrezo imprescindible que está sempre asociado á primavera. É un recurso de baixo custo si se mercan nos bazares e anima moito ó escaparate. Si se colocan flores ou plantas naturais hai que ter moito coidado para que o seu aspecto sexa sempre vivo, do contrario a sensación que transmiten é de descoido do escaparate. Dado que necesitan moito mantemento, non están recomendadas para os escaparates.

 

Fíos de arama ou nailon ensartados con flores de plástico ou papel para crear pequenas cortinas de columnas, suspendidas do teito.

 

Flores xigantes creadas con porexpán, colocadas ó fondo do escaparate ou como soporte para expoñer os produtos.

 

Soles e animais ou insectos, confeccionados con porexpán ou outros materias, máis difíciles de traballar, utilizando cores vistosas para colgar do teito, utilizar de soportes ou colocar nos laterais e fondos.

 
Macrofotografías con ambientes relacionados coa primavera.
   
Exemplos e ideas:
A continuación ofrécense exemplos e propostas de escaparates de primavera.
 
Programación aula UD15Índice UD15Glosario UD15Esquema UD15Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas Volver