U. D. 15: RECURSOS, MATERIAIS e FERRAMENTAS ESCAPARATISMO > RECURSOS ESCAPARATISMO > CREACIÓN DE AMBIENTES > Outono
 
Aspectos a ter en conta:
Rematadas as rebaixas de verán, percíbese claramente un novo cambio no clima, comeza o outono. Os tons alegres do verán dan paso aos tons ocres e envellecidos que ambientan os atrezos e os artigos que se expoñen nos escaparates.
  As persoas tenden a dar paseos polos bosques e alamedas onde a vexetación vai cambiando as súas cores verdosas polas cores amarelas, encarnadas e ocres ata que as follas caen ó chan alfombrando os camiños, dando unha sensación de placidez e serenidade. Esta sensación é a que hai que transmitir a través dos escaparates.
 
Pero antes de que se note este cambio de clima, os escaparates de outono xa deben estar confeccionados para que @s consumidor@s podan observar as novas tendencias e lembrarlles ou crearlles novas necesidades.
   
Propostas de atrezos que se poden empregar:
Esta estación é moi fácil de ambientar, e os atrezos a utilizar apenas teñen calculado custo. A continuación propóñense diferentes opcións:
 

Froitas secas ou alimentos con aspecto envellecido, ciscados polo chan do escaparate, que transmiten unha sensación de ambiente caduco e melancólico.

 
Follas secas ciscadas polo chan, colocadas nos artigos con alfinetes, ensartadas nun fío de nailon formando cortinas ou pegadas ó fondo e laterais dos escaparates con alfinetes ou masilla servirán para identificar a estación.
  Troncos de árbores, con formas irregulares servirán de soporte para os artigos.
  Ramos de flores secas, de pallas, balas de palla e ramas secas darán un estilo campestre e natural que recordarán ó outono.
 
Os revestimentos de madeira dos escaparates e o uso de soportes de madeira, permitirán crear unha atmosfera adecuada.
   
Exemplos e ideas:
A continuación expóñense exemplos ou ideas de escaparates con ambiente de outono.
   
 
Programación aula UD15Índice UD15Glosario UD15Esquema UD15Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas Volver