U. D. 15: RECURSOS, MATERIAIS e FERRAMENTAS ESCAPARATISMO > RECURSOS ESCAPARATISMO > CREACIÓN DE AMBIENTES > Inverno/Nadal
 
Aspectos a ter en conta:

A medida que van pasando os anos, a tendencia d@s comerciant@s é a de adiantar a compra do Nadal por parte d@s consumidor@s, decorando os escaparates cada vez máis pronto, xuntándose neste caso a estación de inverno coa festividade do Nadal. Pásase de ter unha decoración de outono a unha decoración de Nadal, onde as vendas se incrementan considerablemente. @s consumidor@s influíd@s polo ambiente de Nadal comezan a pensar nas compras que teñen que realizar, o que lles permite tamén espazar no tempo os gastos que realizarán nos agasallos.

 

Aínda así, hai que facer un esforzo para resaltar a imaxe do escaparate e potenciala máis, se cabe.

 

Hai que tratar de recrear o ambiente do Nadal utilizando unha decoración que familiarice @s consumidor@s co seu entorno familiar, é dicir, o clásico abeto, os agasallos, as luces, os ornamentos especiais, etc. A todo isto axuda tamén a decoración luminosa da rúa comercial.

   
Propostas de atrezos que se poden empregar:
Nas tendas especializadas en decoración de establecementos comerciais, atoparanse todos os atrezos posibles relacionados con este evento, aínda que tamén podemos facelos utilizando pintura spray (en ouro, prata ou bronce) con ramas secas, froitos secos, etc. A continuación expóñense algunhas ideas, clasificadas por ambientes:
 
Atrezos luxosos: Correspóndese con brillos metalizados (ouro, prata, bronce).
  Atrezos discretos: Neste grupo pódense incluír os atrezos de material de cortiza, vime e outros materias parecidos.
  Atrezos clásicos: Dentro deste grupo están as típicas frinaldas, as bolas, as estrelas... É dicir, a ornamentación de sempre.
 
Atrezos novos: Son detalles orixinais que se relacionan cos ambientes do Nadal como as plumas brancas, globos, macrofotos en cor sepia ou en branco e negro, etc.
 
Brillos estridentes ou matizados: Neste caso,identifícanse os produtos de alta gama cos brillos matizados, porque na austeridade radica a elegancia. Os brillos estridentes hai que dosificalos porque do contrario poden anular ó produto.
   
Exemplos e ideas:
Programación aula UD15Índice UD15Glosario UD15Esquema UD15Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas Volver