U. D. 15: RECURSOS, MATERIAIS e FERRAMENTAS ESCAPARATISMO > RECURSOS ESCAPARATISMO > CREACIÓN DE AMBIENTES > Escolares
 
Aspectos a ter en conta:
A volta ó cole é a época adecuada para promover artigos relacionados coa renovación do vestiario, da compra de libros e, en xeral, a preparación do equipamento escolar. Son escaparates que duran moi pouco, como moito un mes, que por outro lado é o tempo adecuado para manter un escaparate. Para crear un ambiente escolar hai que ter en conta tres aspectos importantes:
  A COR: Que ven dada polo propio produto.
  O DINAMISMO: Poténciase a través dos grafites, atrezos divertidos, obxectos que se reproducen en grandes volumes relacionados co material escolar ou mobiliario identificado co mundo escolar.
 
A EMPATÍA: Hai que comunicar c@s usuari@s dos produtos e, isto conséguese ó representar os ambientes que reproducen a vida cotián d@s nen@s e d@s moz@s tanto na vida familiar como na escolar, para atraer a súa atención ó escaparate. A empatía vaise ver reforzada polas gañas que teñen @s pequen@s de comezar a escola.
Propostas de atrezos que se poden empregar:
Os atrezos ou elementos de decoración que se vaian empregar neste tipo de escaparates terán relación co ambiente escolar, normalmente o tipo de material que se poden empregar destaca polo seu baixo custo e o gran efecto óptico que produce no público obxectivo. Entre outros, propóñense os seguintes:
 

Mensaxes escritas utilizando fondos con textos escritos, encerados, pósteres con caligrafías que poden identificar @s nen@s e adolescentes.

  Bandas deseñadas , debuxos infantís que amosen alegría e imaxes que teñan relación coa volta á escola.
 

Imitación xigante de material escolar (lapiseiros, libros, cadernos), confeccionado con materiais como o porexpán, ou mobiliario relacionado coa volta á escola como fondo dos escaparates. É un dos mellores impactos visuais que se poden seguir do escaparate.

Exemplos e ideas:

Recubrir o chan con balóns de cores, lapiseiros de cores...; Colocar un fondo branco pintado coas mans d@s nen@s; suspender no aire cun fío de nailon as vocais en distintas cores; Suspender unha páxina cuadriculada (imitando un caderno) adornado con debuxos; utilizar debuxos feitos pol@s propi@s nen@s e amplialos; colocar columnas de libros ou cadernos; etc.

   
     
Programación aula UD15Índice UD15Glosario UD15Esquema UD15Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas Volver