U. D. 13: ESPAZOS EXTERIORES > FACHADAS > Uso público
 

O exterior do establecemento ten unha zona de tránsito que chamamos beirarrúa. É o espazo por onde transita a nosa clientela, e é o mellor termómetro para estimar o potencial de venda dun establecemento. O seu mantemento non é competencia dos establecementos, salvo o tramo de fachada que corresponde ó punto de venda, que si é responsabilidade do mesmo (norma en desuso dende que hai barrendeir@s). Neste nivel é onde se producen a maioría dos impulsos de compra dun xeito mecánico.

Elementos que a compoñen: Beirarrúas e mobiliario urbano. Aínda que @ comerciant@ pode ambientar esta parte con diferentes sistemas: colocando moquetas no chan (sempre e cando estean ben coidadas), colocando macetas de dimensións considerables (colocalas como máximo a 30 cm. da fachada para non entorpecer o paso dos peóns), cabaletes con carteis exteriores (aínda que non están permitidos pola normativa municipal e poden crear algún accidente fortuíto), etc.
Funcións que cumpre:
 
Incentivar o compoñente de acción ou de predisposición á compra
 
Facer que circular pola beirarrúa sexa agradable
 

Dinamizar a zona comercial, ben colocando beirarrúas moi amplas, onde o público poda pasear sen sufocacións, ou peonalizando a zona.

Programación aula UD13Índice UD13Glosario UD13Esquema UD13Acitivdades apoioActividades reforzoActividades avanzadas Volver