U. D. 13: ESPAZOS EXTERIORES > O ESCAPARATE > Tipos de escaparates
Podemos realizar unha división dos escaparates en función da súa visibilidade ou en función da súa altura:
 
En función da súa visibilidade, pódese dicir que hai:
 
Escaparates illas: Son visibles polas catro caras. Radícanse no interior do punto de venda ou nos vestíbulos. Conteñen produtos gancho.
Escaparates de visibilidade lateral: Cando presentan unha forma de exposición triangular, sendo visibles o seu fondo e unha das partes laterais.
Escaparates de visión frontal: Carece de profundidade, permitindo unha exposición moi reducida. Radícanse nas fachadas. Serven como reclamos publicitarios.
Escaparates volumétricos: Son os escaparates clásicos.
     
En función da súa altura, pódense facer as seguintes consideracións:
 
Tenda escaparate: Son os establecementos que presentan toda a fachada de cristal, polo que toda a tenda constitúe o fondo. As posibilidades deste deseño son moi espectaculares.
Escaparates a ras de chan: Igual que os anteriores, pero neste caso, teñen un fondo que delimita os espazos da tenda e o escaparate. O seu uso está reservado para firmas recoñecidas (Zara, Adolfo Domínguez...) que dada a súa imaxe de marca pública, non necesitan atraer visualmente á clientela, xa que a marca é reclamo suficiente. Neste caso, os produtos non deben estar expostos sobre o chan senón a unha altura de 20-30 cm. para que non desmerecer a imaxe.
Escaparates de vitrina: Están a unha altura superior ó nivel do chan. Exemplo destes escaparates son as tendas de xoiería e reloxería, onde a altura mínima recomendable é duns 45-55 cm. por enriba do que comercialmente se chama nivel do chan.
Escaparates de caixón alto: Obedecen a un claro posicionamento de prestixio. O seu tamaño é reducido, pero teñen unha luminosidade superior aos demais escaparates. O seu uso limítase a produtos de moi alta gama (xoierías, perfumerías, por exemplo). Radícanse a unha altura superior aos 1,50 m.
     
Escaparates web: Ademais da división anterior, o avance imparable da tecnoloxía en canto a comunicación, de cara ó futuro, fai pensar na posibilidade de que cada establecemento teña o seu propio escaparate (ou páxina web) en Internet.
Programación aula UD13Índice UD13Glosario UD13Esquema UD13Acitivdades apoioActividades reforzoActividades avanzadas Volver