U. D. 13: ESPAZOS EXTERIORES > O ESCAPARATE > Tipos de cristais
 
O cristal do escaparate ademais de protexer os produtos cumpre outras funcións específicas. Existe unha ampla gama de modelos, segundo o uso que se lles queira dar. Por exemplo:
Cristais de seguridade: Garanten gran resistencia contra golpes, sen necesidade de ser blindados. Son dous vidros de cristal superpostos separados por unha lámina transparente que impide que a rotura dun cristal se transmita a outro. Normalmente únense dúas láminas de 8 mm.
   
Cristais blindados: A diferenza do anterior, consiste na superposición de tres pranchas de cristal en lugar de dúas. Os utilizan os establecementos que non aplican peches. Normalmente úsanse tres láminas de 6 mm. Os tamaños estándar están entre 4, 5, 6, 8 e 10 mm.
   
Cristais antireflexos: Adecuados para superficies moi grandes. O vidro convencional reflexa o 8% da luz que se percibe e os vidros illantes, ata o 15%. Con estes vidros evítase utilizar máis luz no interior para neutralizar o resplandor exterior.
   

Cristais filtrantes: Os cristais convencionais de 8 mm, axustado á normas DIN 67.507, transmite o 49% dos raios UV. Con este cristal retrasase a decoloración dos artigos e conséguese reducir un 80% dos raios UV.

   
Cristais afumados: Os cristais escurecidos teñen a vantaxe de que transmiten seguridade. O seu uso limítase a empresas financeiras, non se empregan en escaparates.
   
Cirstais antiadherentes: Constitúen unha solución para zonas chuviosas, xa que permite ter os escaparates limpos no exterior. Teñen unha baixa adherencia, o que evita que as gotas ó secarse deixen manchas de po.
   
Programación aula UD13Índice UD13Glosario UD13Esquema UD13Acitivdades apoioActividades reforzoActividades avanzadas Volver