U. D. 13: ESPAZOS EXTERIORES > O ESCAPARATE > Concepto
 
O escaparate é o elemento máis importante da fachada dun establecemento. É o punto de atracción da clientela. Cando @ client@ se acerca ó punto de venda, a primeira impresión que recibe provén da observación do escaparate. Non se debe deixar que se forme unha idea equivocada por telo descoidado.
 
Escaparatismo: Conxunto de técnicas para lograr unha mensaxe máis clara e atractiva mediante a ordenación dun escaparate. O escaparatista coñece as características da mercadoría e do seu público obxectivo, ó que procura chamar a atención, espertar o interese, informar sobre o produto, e favorecer a entrada no establecemento.

Definicións de escaparate: Vitrina que se coloca nas fachadas dos comercios para a exposición dos seus artigos (segundo o Dicionario Xerais da Lingua). Espazo dunha tenda, visible dende o exterior, onde se colocan os artigos e mensaxes que se queren presentar ó público (segundo o Dicionario Lid Comunicación e Marketing). Abertura na fachada, protexida por un cristal, na que se expoñen produtos para ser comercializados, para motivar á clientela á compra de outros produtos ou servizos (segundo o “Dicionario de la Real Academia de la Lengua Española”)

Vitrina, espazo, abertura: estas palabras fainos concibir o escaparate como un espazo resaltado por un marco, como si fora un cadro, un teatro a través dos que se transmite unha imaxe. Por esta razón hai que coidar estes aspectos, o interior do escaparate (vitrina, espazo, abertura) e o seu marco (a fachada)
Vitrina, cristal: son palabras que no obrigan a ter en conta unha serie de consideracións, como a súa limpeza, os reflexos, a temperatura, a súa resistencia, etc.
Exposición de artigos, produtos, mensaxes: palabras que transmiten a sensación de orde, limpeza, creatividade para atraer a atención do público.
 
O escaparate é un espazo complexo, que limita o proceso de comunicación.
   
Programación aula UD13Índice UD13Glosario UD13Esquema UD13Acitivdades apoioActividades reforzoActividades avanzadas Volver