U. D. 12: A PROMOCIÓN DE VENDAS > INSTRUMENTOS DE PROMOCIÓN > Venda en Saldos
A Lei 10/88, do 20 de xullo, de ordenación do Comercio polo Miúdo, no CAPÍTULO III. VENDAS DE SALDOS. Artigo 16, contempla o seguinte:
CONCEPTO: Entendese por venda de saldo aquela que ten por obxecto a venda de produtos cun valor de mercado manifestamente diminuído como consecuencia do deterioro, desperfecto ou desuso, acompañada de publicidade na que se terán que expresar claramente as causas que motivan dita venda e o período de vixencia da mesma.

SINALIZACIÓN: Os letreiros, que deben de acompañar ós produtos en saldo, deben indicar en termos claros o prezo de cada artigo ou prezo único para un conxunto de artigos perfectamente identificados. Deberán anunciarse co nome de "Venda de saldo" ou o de "Venda de restos". Cando se trata de artigos deteriorados ou defectuosos, deberá constar tal circunstancia de xeito preciso e ostensible.

INDICACIÓNS LEGAIS: (3) Non se poderán saldar aqueles produtos adquiridos a tal fin. Non poderán ser obxecto de saldo aqueles produtos que non fosen expostos á venda con anterioridade e que non estiveran en poder d@ comerciant@ polo menos con 6 meses de antelación ó inicio do mesmo.

 
@ comerciant@ quedará obrigad@ a advertirlle @ comprador/a as circunstancias concretas que concorren no produto que é obxecto da venda de saldos.
 

Artigo 17. Para a venda de saldos con carácter habitual e permanente, será preciso que o establecemento comercial estea dedicado exclusivamente a esta clase de vendas. No rótulo do establecemento terá que recollerse claramente esta circunstancia. Estes establecementos quedan exceptuados do requisito establecido no punto (3) anterior.

 

Artigo 18. Nun mesmo establecemento comercial non poderán realizarse o mesmo tempo vendas de saldos e vendas de rebaixas

Vantaxes e inconvenientes: Este tipo de vendas permitir liquidar stocks de mercadorías, imposibles de vender en circunstancias normais.
Programación UD12Índice UD12Glosario UD12Esquema UD12Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas Volver á páxina de LEXISLACIÓN Volver