U. D. 12: A PROMOCIÓN DE VENDAS > REGULAMENTO LEGAL
En Galiza, está en vigor a Lei 10/1988, do 20 de xullo, de ordenación do Comercio polo Miúdo, que no seu capítulo III MODALIDADES ESPECIAIS DE VENDACAPÍTULO I. DEFINICIÓN. Artigo 14. di:

Entenderanse por vendas especiais, para os efectos desta Lei, aquelas que presentan características diferentes da venda ordinaria: rebaixas, saldos, liquidación, promoción, venda ambulante, vendas a domicilio, vendas a perda, vendas a distancia.

Os termos rebaixas, saldos, liquidación e promoción unicamente poderán empregarse para anunciar vendas definidas como tales, conforme á presente Lei. Toda venda especial, que, aínda anunciándose con distinta denominación, reúna as características de calquera de aquelas formas de venda entenderase asimilada á mesma, e quedara suxeita a súa regulamentación específica.

A continuación expóñense só as que nos interesan (dende o punto de vista de venda con establecemento comercial), abreviadamente o espírito da lei para cada unha das vendas especiais e na columna da dereita, hai un enlace que leva a afondar máis cada unha das mesmas.
Venda en rebaixas: Os artigos se ofertan no mesmo establecemento no que se exerce habitualmente a actividade comercial a un prezo inferior ó fixado antes de dita venda.
Venda en saldos: Cando se poñen á venda produtos que teñen un valor de mercado manifestamente diminuído porque sofren deterioro, desperfecto, caeron en desuso ou están obsoletos. Non se pode vender baixo este nome produtos que impliquen un risco ou engano para @ comprador/a.
Venda en liquidación: É unha venda de carácter excepcional. O seu fin é extinguir determinados produtos, que teñen orixe nunha decisión administrativa ou xudicial ou é levada adiante pol@ comerciant@ ou pol@ adquirinte dun negocio sempre que se dea algún dos seguintes supostos:
 
Cese total ou parcial da actividade do negocio ou cambio de ramo do comercio
Modificación substancial do negocio ou efectuar obras de importancia no local
Cambio de local ou Calquera suposto de forza maior que cause un grave obstáculo ó normal desenvolvemento da actividade comercial.
 
Vendas en promoción: As vendas de promoción, tamén chamadas en "oferta", son aquelas que se realizan a un prezo inferior ou en condicións máis favorables que as habituais e teñen por obxecto potenciar a venda de certos produtos ou o desenvolvemento dun ou varios comercios ou establecementos. Os produtos que están en promoción ou oferta non poden estar deteriorados ou ser de peor calidade que os que se venderon ou se vaian vender en condicións normais.
CAPÍTULO VIII. VENDAS A PERDA. Artigo 31.

CAPÍTULO II. PREZOS. Artigo 36.

Programación UD12Índice UD12Glosario UD12Esquema UD12Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas