U. D. 12: A PROMOCIÓN DE VENDAS > INSTRUMENTOS DE PROMOCIÓN > Rebaixas
A Lei 10/88, do 20 de xullo, de ordenación do Comercio polo Miúdo, no CAPÍTULO II. VENDA EN REBAIXAS, Artigo 15, contempla o seguinte:
CONCEPTO: Entenderase por vendas en rebaixas aquelas realizadas pol@s comerciant@s a prezos inferiores ós habituais, acompañadas de publicidade, na que se terá que expresar claramente o período de vixencia das mesmas

SINALIZACIÓN: Os letreiros e etiquetas deben exhibir de forma ben visible o prezo anterior e o novo prezo ou, en substitución deste último a porcentaxe de redución.

INDICACIÓNS LEGAIS: Queda prohibida a venda en rebaixas daqueles produtos deteriorados ou adquiridos expresamente a tal fin. Non poderán ser obxecto de rebaixas aqueles produtos que non foran expostos á venda con anterioridade.

 
Temporada de rebaixas: Só poderán ter lugar en dúas temporadas anuais. Unha ó inicio do ano e outra cerca do período estival de vacacións.
 
Duración de cada período: Será como mínimo de unha semana e como máximo de dous meses, de acordo coa decisión de cada comerciant@, axustándose as datas indicadas pola que a Comunidade Autónoma Galega, publica todos os anos.
 
Vantaxes e inconvenientes: Este instrumento pode empregarse en calquera tipo de establecemento, sexa un pequeno comercio ou unha gran superficie e é un medio eficaz para atraer á clientela e incrementar as vendas, ademais de desfacerse dun stock importante de mercadorías. Ten como inconveniente que se reduce a marxe de beneficios.
       
Programación UD12Índice UD12Glosario UD12Esquema UD12Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas Volver á páxina de LEXISLACIÓN Volver