U. D. 10: AMBIENTACIÓN DO PUNTO DE VENDA > TIPOS DE AMBIENTACIÓN > Decoración
O mobiliario, por moi variado que sexa debe seguir un mesmo estilo. Aconséllase, en xeral, unha decoración uniforme con mobles e seccións similares, evitando deseños radicais que podan quedar obsoletos ou pasados de moda en pouco tempo. Trátase de atopar un deseño e unha decoración agradables que dean sensación de ambiente claro, limpo e ordenado.
     
É aconsellable dar a cada sección un toque característico para personalizala e facela máis acolledora. Hai que evitar unha decoración radicalmente distinta en cada sección, xa que se perde a unidade e se despista á clientela cara aspectos que non corresponden ó obxectivo do establecemento.
     
O mobiliario deberá actualizarse sempre que sexa necesario para axustalo as novas necesidades e gustos da clientela e facer o establecemento máis atractivo. Esta renovación debe producirse de forma periódica e progresiva para que a imaxe que se transmita sexa sempre de rexuvenecemento e dinamismo. Este período de renovación do mobiliario non debe exceder os cinco anos, mentres que a decoración si debe adaptarse ás características de cada temporada ou estación para realzar os produtos que se venden. A clientela habitual experimenta as reformas como unha atención que a empresa ten con ela, así como as melloras a facilitar a compras.
Programación aula UD 10Índice UD 10Glosario UD 10Esquema UD 10Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas