U. D. 10: AMBIENTACIÓN DO PUNTO DE VENDA > MEDIOS OU TÉCNICAS > PERSOAIS
EMPREGAD@ VENDEDOR@S: É un dos factores máis importantes de animación do punto de venda, sobre todo nos casos de tipo de venda mixta ou tradicional. A amabilidade e o sorriso debe estar presente en todo momento así como ser capaz de afrontar calquera situación complicada que se lle poda presentar por parte de calquera consumidor/a.
     
PERSONAXES FAMOSOS (reais ou de ficción): É outra das animacións do punto de venda máis frecuentes. As técnicas máis habituais:
 
Firmas de libros e discos, polos seus propi@s autor@s para fomentar as súas vendas.
  Animación mediante a simulación de personaxes como os Reis Magos, Papa Noel, de debuxos animados ou mascotas de eventos importantes...
 
Presenza de artistas famosos que montan espectáculos musicais, teatrais, de maxia, etc. ou que amosan o traballo de distintos produtos artesáns.
     
MONITORES E MONITORAS: Para realizar actividades cos rapaces e rapazas, como pintar cadros, facer deporte, concursos, traballos manuais, etc. que serven para que coñezan os produtos e incrementar a súa venda.
     
AZAFATAS e AZAFATOS: Medio habitual nos establecementos comerciais para provocar a compra do produto, utilizando a proba do mesmo (colonias, comestibles, etc.); argumentando a súa venda explicando as súas características ou agasallando con pequenas mostras do mesmo.
Programación aula UD 10Índice UD 10Glosario UD 10Esquema UD 10Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas Volver