U. D. 10: AMBIENTACIÓN DO PUNTO DE VENDA>MEDIOS OU TÉCNICAS > Físicos > Illas, pilas e cabeceiras
Os medios físicos baséanse na presentación en masa dos produtos para crear unha sensación de abundancia, o que psicoloxicamente inflúe n@ consumidor/a dando unha sensación de baixo prezo e de euforia de compra.
ILLAS ou ILLOTES: Son presentación masivas de produtos. As súas características son:
  Colócanse FORA DO LIÑAL que lle corresponde e LONXE da súa SECCIÓN.
 
Poden colocarse directamente sobre o chan, utilizando mesas decoradas, incluso os envases da propia marca sobre simples caixas ou sobre os palets.
  Están apartadas dos demais produtos.
  Normalmente, sitúanse en zonas quentes do punto de venda, onde hai moita circulación ou seccións de produtos básicos.
PILAS: Presentan unha cantidade superior ó normal do produto. O seu obxectivo é atraer á atención da clientela (produce sensación de prezo reducido). As súas características son:
  O produto amoréase na MESMA SECCIÓN na que normalmente está radicado..
  Poden colocarse directamente sobre o chan ou sobre palets.
  Esta técnica emprégase só con produtos que se podan amorear, caso do leite, auga, bebidas refrescantes, etc.
CABECEIRAS DE GÓNDOLA: Dada a súa visibilidade dende varios puntos do establecemento, representan o lugar privilexiado para a presentación dun produto e a súa ocupación é o cabalo de batalla de fabricantes e distribuidores. As súas características son:
 
O produto exponse nas cabeceiras a cambio dun aluguer que paga @ fabricant@ ou no caso dunha promoción (recoméndase que os produtos ofertados sexan de gran demanda, para compensar o custo de espazo e redución de marxes)
 
Cando se coloca o produto nunha cabeceira de góndola o incremento das vendas, segundos estudios realizados, oscila entre o 200 e o 500%.
 
Como toda promoción, normalmente a eficacia dura dúas semanas. Na segunda semana a porcentaxe anterior descende ata o 50% e na terceira ata un 25% de incremento das vendas.
 
Como xa se estudou na implantación do mobiliario, divídese en dúas partes verticalmente. En cada unha delas colócase un produto diferente.
Programación aula UD 10Índice UD 10Glosario UD 10Esquema UD 10Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas Volver