U. D. 10: AMBIENTACIÓN DO PUNTO DE VENDA > MEDIOS OU TÉCNICAS > Físicos > contedores desordenados, carros vendedores e cestas
CONTEDORES DESORDENADOS: Son unha especie de gaiolas metálicas, con rexas, que permiten a visualización do produto ou outro tipo de soporte. Nelas preséntanse artigos desordenados, por iso dan a sensación @ consumior/a de atoparse ante produtos moi rebaixados ou en oferta.
 
Poden situarse dentro ou fora da sección na que normalmente se radica o artigo.
 
Recomendase unha duración máximo de 10 días, para que @ consumidor/a non descubra o truco.
   
CARROS VENDEDORES: No caso de puntos de venda de comestibles, utilizan carros da compra, que enchen de distinto produtos e lles colocan o prezo total do lote que contén o carro, como se pode ver no exemplo da fotografía.
 
Sitúanse nas entradas dos hipermercados ou dos supermercados, para que a clientela os visualice
 
Normalmente, hai varios carros, entre dous e catro, cada un contendo distintos tipos de surtido que se adaptan ás necesidades de distintos tipos de consumidor@s.
   
CESTAS: Podemos contemplar dous tipos de cestas clasificadas por materiais: As de vimes que se utilizan para presentar un conxunto de produtos de xeito agradable e que invite á súa compra. Por exemplo, temos as cestas de Nadal (con todo tipo de artigos para esa época), as cestas de froitas variadas... etc. Ou as metálicas utilizadas para expoñer os produtos en rebaixas, oferta...
  Radícanse na mesma sección onde están os produtos.
Programación aula UD 10Índice UD 10Glosario UD 10Esquema UD 10Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas Volver